LEMBRADE que estamos en CONSTRUCCIÓN ... queda moitísimo por facer !!
Presentación
Esta páxina pretende ser unha pequena axuda para aquelas persoas interesadas na Astronomía e que estean dando os seus primeiros "pasos" nesta disciplina.
En ningún caso aspira a ser unha páxina de consulta obrigada para todos os afeccionados a este tema; antes ben, este sitio está pensado para ser elaborado polos propios alumnos participantes neste proxecto.

En concreto no curso 2011-2012 comezamos cun novo proxecto no noso centro (IES de PORTO do SON) enfocado a achegar ao alumnado de primeiro curso de ESO esta ciencia tan apaixoante que é a Astronomía, e que, lamentablemente, cada vez está máis esquecida nos currículos escolares (coma moitas outras disciplinas básicas). En resumo, estamos a falar de facer unha páxina apenas de Introdución á Astronomía e coa esperanza que, nun futuro, algún participante na mesma continúe con este tema. Tódalas suxestións serán ben recibidas (pero tende en conta que ningún dos integrantes do proxecto somos nin moito menos especialistas no tema, así que espero que non só perdoedes os nosos erros, senón tamén que os corrixades !!) |