Mamá ... chove !!
Bon neste caso non fará falla que collas o paraugas. Sabías que, en determinadas épocas do ano, podemos observar con facilidade as chuvias de estrelas?
Pero, en que consisten esas chuvias de estrelas? Son estrelas as que veñen caer encima das nosas cabezas?
En algunhas ocasións pódese producir a entrada na atmosfera de fragmentos maiores que incluso poden colidir coa Terra; falamos entón de meteoritos e bólidos.

En realidade esas estrelas fugaces prodúcense cando a Terra atravesa, no seu camiñar arredor do Sol e xunto co resto do Sistema Solar, zonas onde previamente algún cometa ou asteroide deixou parte do seu rastro, polo que esas partículas entran en contacto coa atmosfera terrestre e, maioritariamente, desintégranse no seu rozamento con esta, emitindo un destello luminoso que pode verse a moita distancia.
Se fóramos capaces de sinalar con precisión de onde veñen esas estrelas fugaces decatariámonos que maioritariamente semellan proceder dunha zona moi concreta da bóveda celeste, como podes comprobar na imaxe adxunta. En realidade isto é debido a ese movemento que comentabamos da Terra atravesando a zona con restos de meteoroides. Sorprenderaste ao saber que a maior parte das estrelas fugaces que nos vemos apenas teñen tamaños milimétricos !! En definitiva, as denominadas estrelas fugaces non son estrelas senón pequenas partículas procedentes de cometas e asteroides. |
Algunha destas colisións pode alterar drasticamente a historia xeolóxica e biolóxica do noso planeta, coma xa sucedeu no pasado. Esperemos que non se volva repetir !!
De todas formas se queres imaxinarte o que nos podería pasar nesa circunstancia atrévete a ver o seguinte vídeo !!
De todas formas se queres imaxinarte o que nos podería pasar nesa circunstancia atrévete a ver o seguinte vídeo !!
Ah, por se alguén quere algo de emoción ... o Martes día 08 de Novembro de 2011 o asteroide 2005 YU55 (descuberto no ano 2005) duns 400 metros de diámetro pasará bastante preto de nós. En concreto a distancia que nos separará del será duns 325,000 km (0,8 veces da distancia que nos separa da Lúa), polo que podería ser visto cun pequeno instrumento de aumento, aínda que con certa dificultade.
En marzo de 2011 o programa da NASA Near-Earth Object Program informaba oficialmente da aproximación deste asteroide prevista para o mes de Novembro de 2011.
Podedes consultar nesta páxina os datos referidos a este obxecto.
Tamén se mirades en internet veredes toda sorte de "profecías" sobre este meteorito, o seu impacto sobre a Terra e ... a destrución da mesma !!
Mentres tanto a Terra non se destrúa podes aproveitar o tempo e botarlle unha ollada á seguinte animación (se a animación aparece coma unha imaxe estática premede nela e abrirase noutro separador do navegador)

Na imaxe que vedes aquí amósase a traxectoria que vai seguir o asteroide, onde podemos apreciar claramente que a liña desa traxectoria está relativamente afastada do plano que contén as órbitas da Terra e da Lúa ... vamos que por esta vez estamos a salvo, así que haberá que seguir estudando, facendo os traballos que nos manden e preparando os futuros exames !!
|
Segundo a propia NASA :
"... Although classified as a potentially hazardous object, 2005 YU55 poses no threat of an Earth collision over at least the next 100 years. However, this will be the closest approach to date by an object this large that we know about in advance and an event of this type will not happen again until 2028 when asteroid (153814) 2001 WN5 will pass to within 0.6 lunar distances ... "

E por último, se alguén se anima e quere saber algo máis deste "asunto", e ao mesmo tempo quere practicar algo de inglés, premede no vídeo que aparece aquí á esquerda.
Este vídeo corresponde cun programa televisivo da NASA acerca da chegada do asteroide 2005 YU55, e no cal trátanse diversos aspectos relacionados co mesmo e co seu próximo paso preto de nós. A emisión dura algo máis dunha hora, polo que se pensades vela sentádevos comodamente !! Finalmente, podedes obter datos precisos da órbita deste obxecto na páxina JPL Small-Body Database onde, a través dunha animación interactiva, pódese estudar a traxectoria do asteroide. |