Animacións
Existe unha gran cantidade de animacións que podemos atopar en Internet. Aínda que algunhas páxinas estań en Inglés é recomendable que as visitedes.
Del sistema solar a nuestro planeta Coñece un pouco máis o Sistema Solar coa axuda desta páxina. Deberás superar unhas pequenas preguntas iniciais para poder seguir avanzando. Atréveste ? Planetary Orbit Simulator Nesta páxina podedes observar un simulador de órbitas planetarias, e aínda que presenta algúns conceptos algo avanzados para nos, é interesante botarlle unha ollada Extrasolar Planet Kepler-5b Esta páxina achéganos ao coñecemento duns dos planetas extrasolares descubertos na estrela Kepler-5 : o planeta Kepler-5b |
|
Orbital and rotational properties of the planets
Aquí verás algunhas das características das órbitas e da propia rotación dos diferentes planetas, incluído Plutón.
Se te fixas na disposición da órbita de Plutón decataraste de que se se trata dun "planeta" estraño, cunha órbita moi "rara" se a comparas cos outros planetas. Ás veces Plutón chega a estar máis preto do Sol que o propio Neptuno !!. Por estas e outras características especiais Plutón foi eliminado da lista oficial de planetas (ver ademais a seguinte referencia) : pobre Plutón !!
Astronomy Education at the University of Nebraska-Lincoln
Este sitio de Internet ofrécenos interesantísimas animacións que non debemos deixar de ver. A súa excelente colección de animacións as podes atopar directamente na páxina de Astronomy Simulations and Animations. Esta páxina é de obrigada visita !!
Ademáis debemos visitar a Interactive Classroom Materials for teaching Astronomy onde atoparemos un montón de recursos adicionais.
Na propia Axencia Espacial Europea (ESA) existe un apartado onde podemos ollar algunhas animacións relacionadas cos seus proxectos de investigación
Outro material moi interesante atopámolo no programa Viaxe ás estrelas, que está aloxado dentro do proxecto EspazoAbalar. Convén botarlle unha ollada para coñecer datos relacionados coa carreira espacial, entre outros datos de interese.