Astronomía ou Astroloxía ?
Semella que moitos todavía confundides os termos Astronomía e Astroloxía.
É verdade que nunha orixe non se facía distinción dos dous conceptos, pois basicamente non existían coma feitos separados.
En realidade a historia da Astronomía está ligada nas súas orixes á propia Astroloxía; así as persoas que se encargaban do estudio dos astros, da súa disposición no espazo e dos seus movementos diarios e anuais, eran as mesmas que empregaban ese coñecemento para relacionar os feitos cotiáns (pasados, presentes e, sobre todo, futuros) cos mesmos eventos astronómicos.

Así os astrónomos/astrólogos eran consultados polos mandatarios antes de emprender algún tipo de empresa que estivera asociada a grandes riscos, coma podía ser a participación nunha batalla ou o casamento entre integrantes de familias da nobreza, por exemplo.
En definitiva, a Astronomía é unha Ciencia que estuda os corpos celestes do Universo, os seus movementos e os fenómenos relacionados con eles. Por outra banda a Astroloxía non é unha ciencia: simplemente pretende coñecer e predicir o destino das persoas e con ese coñecemento prognosticar os sucesos do futuro ... nin máis nin menos !! |
Hoxe en día, a pesar dos moitos avances científicos, aínda existe xente que cre nas predicións astrolóxicas, e mesmo paga grandes cantidades de diñeiro para que lle adiviñen o futuro ou incluso para que lle cambien o futuro !!
Como podedes comprender isto non ten ningún sentido e hai persoas que, coñecendo a debilidade de moitas outras persoas, aprovéitanse delas e das súas ilusións.
Espero que tí non sexas unha persoa ilusa e comprendas a falsidade de tales afirmacións.
De todas formas seguro que todos miramos algunha vez un horóscopo, a maior parte das veces por simple curiosidade pero, algunhas veces, coa esperanza de que o alí se dicía se cumplira.
Evidentemente os horóscopos non teñen ningún sentido científico e o seu uso real remóntase a épocas pasadas onde o coñecemento científico estaba moi alonxado do actual. Os horóscopos, en definitiva, pretenden ser métodos de predición do noso futuro, baseados sinxelamente na posición que os astros tiñan no momento do noso nacemento.
Os signos do zodíaco que todos nos aplicamos algunha vez (eu son Scorpio; pois eu son Leo; ah, non, eu son ...) puxéronse hai moitos anos (máis de 2000) e correspondíanse con aquelas constelacións polas que transitaba o Sol en cada momento do ano.

É dicir cando o Sol estaba na constelación de Leo, por exemplo, os nacidos nesa época asignábanse a este signo zodiacal.
Sen embargo, hoxe en día, debido ós movementos do noso planeta arredor do Sol, as datas asignadas aos diferentes signos do Zodíaco xa non corresponden coas actuais. Non tes máis que mirar entre que datas se estende un determinado signo e comprobarás como non corresponde co observado na actualidade. Para comprobar isto, se queres ver con que signos se corresponden as diferentes épocas do ano, preme na imaxe que aparece aquí ao lado. Podes mover a imaxe premendo na animación e/ou deslizando a frecha vermella que atoparás baixo ela. |