Vídeos
A continuación faremos referencia a algúns vídeos que poden resultar de interese en relación co estudio da Astronomía.Non pretende ser esta unha lista exhaustiva, apenas queremos amosar algúns documentos interesantes.
- Un dos primeiros sitios que deberiamos visitar é a canle que a Axencia Espacial Europea ten en Youtube, onde poderemos observar vídeos moi interesantes
- En Youtube tamén podemos ver a canle da ESA/ESO/HUBBLEcast, que pon a nosa disposición material de primeira calidade
- Asemade, a canle que a NASA ten en Youtube amósanos moitos vídeos de contidos variados e interesantes
- Unha canle que está empezando a medrar é a propia que ten Youtube e que, baixo a denominación Youtube Space Lab, pretende achegar a Astronomía (no seu sentido máis amplo) ao público xeral. Neste sitio atoparemos algúns vídeos relacionados coas Ciencias do Espacio en xeral. Coma é unha canle participativa atoparemos vídeos en diferentes idiomas e non só en inglés. Ah, por certo, non hai que ir moi lonxe para atopar xente interesada e con ideas brillantes que poder desenvolver no espazo : " ... Dos estudiantes de secundaria gallegas integran uno de los seis equipos ganadores de la fase regional del concurso de ciencia para jóvenes YouTube Space Lab, co-financiado por la ESA ... " Podedes ollar a súa proposta no vídeo publicado en Youtube, e máis detalles os observaredes na páxina de Youtube Space Lab
Nos seguintes enlaces veredes algúns vídeos relacionados con temas astronómicos :