Eclipses en Stellarium
Co programa Stellarium podemos simular as Eclipses, tanto luares coma solares, en diferentes épocas e lugares do mundo.Se queres coñecer unha previsión dos futuros eclipses podes consultar a páxina da Universidade de Nebraska Lincoln; e na páxina de eclipsedesol.es atoparás tamén información relacionada coas eclipses solares.
Ademais, coma xa comentamos na páxina Saber máis ... Eclipses son de "obrigada" visita as páxinas da Nasa Central Solar Eclipses e Nasa Eclipses WebSite.
Coa axuda do programa Stellarium imos estudar algúns deles.
Eclipses Solares
Eclipse Solar Anular
O día 03 de Outubro de 2005 disfrutamos no noso centro dun espectáculo astronómico inesquecible: unha eclipse anular de sol.
Alumnos e profesores aproveitamos ese día marabilloso para contemplar este evento, realizando varias actividades relacionadas coa eclipse. Deste xeito obtivemos varias fotografías do evento, que podedes ollar na páxina de Fotos.
Se queres ver outra vez (ou por vez primeira !!) esta eclipse segue estas instrucións :
Entra no programa Stellarium e cambia a data ao 03 de Outubro de 2005 ás 09:00h. Dirixe a túa mirada a uns 99º na liña de horizonte e alí verás ao Sol e á Lúa moi próximos entre si. Selecciona o Sol, preme a barra espaciadora, aproxímate co zoom (por exemplo, a 2º ou 3º no campo de visión [FOV]) e preme dúas ou tres veces a tecla de avance rápido.
Observa como a Lúa vaise interpoñendo entre nós e o Sol, ocultándoo parcialmente e chegando un momento (arredor das 10:53h) no que podemos ver coma o Sol asoma coma un anel arredor da Lúa.

Na imaxe adxunta podemos observar a zona varrida pola sombra e a porcentaxe de ocultación do Sol no momento do máximo da eclipse.
Á dereita podes observar unha animación da eclipse do 03 de Outubro de 2005. Se non podes ver a animación preme na imaxe e, noutra lapela do navegador, abrirase a mesma. Observa por que unha eclipse de Sol non é visible dende todo o planeta e fíxate coma na zona máis oriental deixa de verse pola chegada da noite a ese lugar. |
Fai "click" na imaxe seguinte para ver unha maior información deste fenómeno.
Eclipse Solar Parcial
Entra no programa Stellarium e na ventá de preferencias de localización cambia os parámetros segundo se amosa na figura que hai máis abaixo.
A continuación cambia o reloxo para as 06:20 da mañá do día 25 de Novembro de 2011 e dirixe a túa vista á marca de 164º.
Sitúate nuns 72º de Latitude Sur [S 72° 0' 0.00"] e nuns 75º e medio de Lonxitude Oeste [W 75° 35' 60].
Localiza o Sol e preme nel e, despois, na barra espaciadora. Utiliza un campo de visión (FOV) duns 5º aproximadamente.
Finalmente preme no botón de avance rápido un par de veces e observa o que pasa. Cando o reloxo marque as 07:20 pausa a simulación; nese momento podes observar a eclipse na súa máxima extensión.

Cando remates debes volver a posición inicial (06:20 da mañá do día 25 de Novembro de 2011) e pon o tempo de simulación a velocidade normal.
A continuación abre o diálogo de selección de localización e vai premendo en diferentes latitudes para ver como cambia o punto de vista dos astros. É preferible que te sitúes cara o leste a medida que ascendes cara o Norte, xa que nesas lonxitudes xa amenceu a esa hora, mentres que en lonxitudes máis cara o Oeste aínda non. Pódese ver en todas as partes do planeta esta eclipse? Razoa a túa resposta Podes ampliar a información acerca desta eclipse consultando a páxina correspondente da NASA. |
Eclipse Solar Total
Finalmente, dentro das eclipses solares, imos ver unha eclipse total: nada máis e nada menos que a eclipse solar total que máis tempo durou (nada menos que 3m27s) dende 1074 ata as nosas datas (incluído ata o 2318 !!). Esta eclipse produciuse no ano 1813 e tivo a súa máxima intensidade no Sur de Brasil. En concreto, para poder velo (aínda que sexa en "diferido") imos ao programa Stellarium. Cambiamos a data para o día 27 de Xullo de 1813. A hora á que podes comezar a simulación son as 14:00 h. A continuación imos a ventá de localización e tecleamos, nos lugares correspondentes, as coordenadas que aparecen na imaxe adxunta. Sitúa a túa liña de visión a uns 45º no horizonte (dirección NE, por tanto) e levanta a vista, xa que o Sol e Lúa están altos sobre o horizonte. Selecciona o Sol e preme na barra espaciadora. Aumenta o nivel de zoom ata uns 3º o 4º de campo de visión (FOV). |
Preme un par de veces no avance rápido e disfruta ollando a maior eclipse solar total dos últimos tempos (dun período duns 1300 anos !!).
Observarás coma as 15:56 hora local a eclipse é total. Pon a velocidade de simulación a "normal" e observa canto tempo está o Sol oculto ... marabilloso, non si?
Se queres ter máis información desta eclipse consulta a páxina da NASA Saros Series 123 e, en concreto, a imaxe do tránsito da sombra polo noso planeta.

Eclipses Lunares
Aproveitando que esta fin de semana produciuse unha eclipse de Lúa imos finalizar este capítulo das eclipses en Stellarium para recreala. A eclipse en cuestión produciuse o sábado 10 de decembro de 2011. Lamentablemente dende as nosas latitudes apenas puidemos ver a final da mesma, xa que, como podedes comprobar na táboa adxunta, o seu inicio comezou antes de que a Lúa asomara polo horizonte. |
Por tanto para poder ver esta eclipse, xa que en directo non puidemos contemplala (agás a súa finalización), ímolo estudar no programa Stellarium.
Coma a eclipse prodúcese nun momento no que dende a nosa latitude non a podemos observar nas súas primeiras etapas deberemos desactivar o botón de "amosar o Chan [G]". Temos que buscar a Lúa [F3] e prememos na barra espaciadora para centrar este obxecto.
Aumentaremos o nivel de zoom ata un campo de visión (FOV) de 1º, máis ou menos.
Situamos a data do programa [F5] no día da eclipse : 10 de decembro de 2011. Cambiamos o reloxo para as 13:45 h e prememos na tecla de avance rápido unha ou dúas veces, para poder ver avanzar a eclipse. Aproximadamente sobre as 15:30 h deberiamos observar a totalidade da eclipse e sobre as 16:00 h empezariamos a observar o inicio da fin da mesma.

POR CERTO ... non vos olvidedes de consultar a páxina de Astronomia.org relacionada co tema !!