Eclipses
Sal do medio ... que non me deixas ver !! Algo parecido acontece ás veces cos astros. Dende a nosa especial nave espacial (dende a Terra) podemos presenciar ao longo da nosa vida algúns destes fenómenos que todos coñecemos co nome de Eclipses.
Xa iremos completando esta páxina pero, coma adianto, déixovos unhas imaxes da eclipse que observamos dende o Instituto hai algúns anos (03 de Outubro de 2005).
Para poder ver a secuencia completa preme na imaxe: trátase dun GIF animado. (Se non o ves correctamente preme co botón dereito do rato e descarga a imaxe no ordenador e míraa dende aí, ou abre o enlace nunha nova lapela do navegador)

Obrigada visita é a páxina da Astronomy Education at the University of Nebraska-Lincoln onde observarás con precisión unha táboa coas próximas eclipses. Non deixes de visitala !!
Asemade. deberiamos visitar a páxina da NASA Eclipse Website onde veremos información precisa dos próximos acontecementos. Ademáis na páxina Central Solar Eclipses: 1991 - 2050, tamén da NASA, atoparemos unha enorme cantidade de información sobre as diferentes eclipses producidas, ou futuras, comprendidas nese período de tempo. É moi recomendable a súa consulta !!
Información adicional podémola atopar na páxina http://www.eclipsedesol.es e, sobre todo, na páxina de Mr.Eclipse.
En relación coas eclipses de Lúa unha moi boa páxina por onde principiar é, precisamente, a de Mr.Eclipse : Lunar Eclipses For Beginners, onde se nos explica a orixe das eclipses de Lúa con exemplos moi ilustrativos.

Eclipses de Lúa
Unha das eclipses de Lúa que puidemos observar foi a d o día 10 de Decembro de 2011; tratouse dunha eclipse total da Lúa, aínda que dende a nosa latitude non a contemplamos en toda a súa plenitude (en realidade para nós foi unha eclipse penumbral).
Para ver os detalles completos consultade os datos da NASA Eclipse Website.

Finalmente, podedes botarlle unha ollada ao vídeo que aparece á dereita se queredes saber aínda algo máis da eclipse lunar. Pese a que o vídeo está en inglés as imaxes que amosa son espectaculares e paga a pena botarlle unha ollada. Máis información a atoparedes en Total Eclipse of the Moon , onde podedes atopar asemade información relacionada con outros eventos do pasado. |
|
Próximas Eclipses de Sol
Preme nas seguintes imaxes se queres coñecer cando e onde se producirán as vindeiras eclipses de Sol
Como podedes apreciar ata o 2026 non veremos a próxima eclipse solar dende aquí !!