Medindo o tamaño da Terra : o procedemento de Eratóstenes
Hai xa máis de 2200 anos o matemático, astrónomo e xeógrafo grego Eratóstenes foi quen de medir con asombrosa precisión o tamaño do noso planeta. Se queres seguir os seus pasos (ainda que dun xeito máis cómodo, sen ter que mandar a ninguén a percorrer unha longa distancia) non tes máis que entrar neste enlace e levar a cabo a experiencia proposta.
Nas seguintes páxinas podes seguir (e mesmo repetir !!) o proceso levado a cabo por Eratóstenes. Anímate !!
Nas seguintes páxinas podes seguir (e mesmo repetir !!) o proceso levado a cabo por Eratóstenes. Anímate !!
- Equinoccios: este momento do ano no que a duración do día e da noite é a mesma é unha data especial que podemos empregar para levar a cabo a experiencia de Eratóstenes
- Debido á distancia que nos separa do Sol, podemos considerar que os Raios Solares incidentes na superficie terrestre son paralelos entre sí
- Os Raios Solares paralelos incidindo, a unha mesma hora, en latitudes diferentes e na mesma lonxitude, permítennos calcular o valor do ángulo de circunferencia que separa dúas localidades situadas no mesmo meridiano
- Podemos coñecer cal é a distancia que separa os lugares de observación. Este dato, xunto co valor do ángulo obtido con anterioridade, axudaranos a saber cal é o radio da Terra e, por tanto, cal é a súa lonxitude, con bastante precisión
- Outra forma de calcular o radio da Terra sería tendo en conta a relación de proporcións entre o ángulo medido con anterioridade e o arco de circunferencia (distancia que separa os lugares de observación) por unha banda, e a circunferencia enteira (considerando como perfectamente esférico ao noso planeta) por outra banda.
- Exemplos prácticos
- Podemos levar a cabo esta experiencia sen necesidade de esperar ás datas concretas dos equinoccios