Medindo o tamaño da Terra : o procedemento de Eratóstenes
6.3 Hoxe non estamos no Equinoccio !! [1]
Vaites, e que ocorre se hoxe non estamos no Equinoccio ?
En realidade o único que temos que ter presente é que, en calquera día do ano, cando onde nós vivamos sexa o mediodía solar haberá outro punto da Terra (situado a diferente latitude pero na mesma lonxitude) no que nese mesmo intre o Sol incida verticalmente. No caso dos Equinoccios, como xa comentamos anteriormente, cando sexa mediodía solar na nosa zona o Sol incidiría verticalmente no Ecuador.
Cando pasamos o Equinoccio de Primavera o Sol, día tras día, semella avanzar cara o Norte, de xeito que no Solsticio de Verán o Sol acada a súa posición máis septentrional : 23.45º , é dicir 23º 27' Norte (coincidindo, por tanto, co Trópico de Cáncer).
Unha vez acada esa posición, pouco a pouco, o Sol empeza a migrar cara o Sur, pasando de novo polo Ecuador e acadando o seu valor máis meridional no Solsticio de Inverno, momento no cal sitúase a -23.45º, é dicir 23º 27' Sur (coincidindo, entón, co Trópico de Capricornio)
- Como faremos entón para calcular o raio da Terra ?
- Poderemos usar os procedementos anteriores ?
En realidade o único que temos que ter presente é que, en calquera día do ano, cando onde nós vivamos sexa o mediodía solar haberá outro punto da Terra (situado a diferente latitude pero na mesma lonxitude) no que nese mesmo intre o Sol incida verticalmente. No caso dos Equinoccios, como xa comentamos anteriormente, cando sexa mediodía solar na nosa zona o Sol incidiría verticalmente no Ecuador.
Cando pasamos o Equinoccio de Primavera o Sol, día tras día, semella avanzar cara o Norte, de xeito que no Solsticio de Verán o Sol acada a súa posición máis septentrional : 23.45º , é dicir 23º 27' Norte (coincidindo, por tanto, co Trópico de Cáncer).
Unha vez acada esa posición, pouco a pouco, o Sol empeza a migrar cara o Sur, pasando de novo polo Ecuador e acadando o seu valor máis meridional no Solsticio de Inverno, momento no cal sitúase a -23.45º, é dicir 23º 27' Sur (coincidindo, entón, co Trópico de Capricornio)
Por certo aínda que estamos a falar do movemento do Sol cara o Norte ou cara o Sur lembrade que é a Terra a que, cos seus movementos de rotación e translación, provoca tales efectos.
En definitiva, imos seguir o mesmo procedemento que aparece na páxina " 6.1 Exemplos prácticos: Sen saír de casa [1] ", simplemente o que teremos que ter en conta é que o punto do planeta onde os raios solares incidirán perpendicalarmente á superficie estará comprendido en algunha zona entre os Trópicos de Cánces e Capricornio.
Se queres ver como solucionar este "problema" pasa á páxina seguinte !!

Por certo, lembrade que NUNCA deberedes mirar directamente ao Sol, xa que isto pode ocasionar graves problemas oculares !!