Construción de Modelos Espaciais
Alguén se anima a construir algún destes modelos ? Por certo podedes atopar moitos máis se investigades un pouquiño por internet. Ánimo !!
Se queres ver os modelos cliquea nas seguintes imaxes.
Se queres ver os modelos cliquea nas seguintes imaxes.
Na páxina da NASA "Solar System Exploration" podedes atopar unha grande cantidade de información acerca do Sistema Solar. Asemade aí atoparedes algúns modelos (a maioría bastante sinxelos) para poder construir o propio mundo espacial para adornar, por exemplo, a vosa habitación
|
Dende a páxina da Nasa (Nasa Science) podemos acceder á sección de Nasa Science for Kids na cal podemos atopar una sección adicada á construción de modelos espaciais en papel.
Se queredes saber máis acerca destes modelos fai click na imaxe da dereita. |
Velaí un verdadeiro reto: construir un modelo a escala do telescopio espacial Hubble, que podes atopar en diferentes graos de complexidade:
|
Outra maqueta moi interesante é a da nave non tripulada Cassini-Huygens que podedes atopar se premedes na imaxe da dereita.
En calquera caso trátase dun modelo bastante realista que, a máis de un, pode resultar un pouco complicado, así que, se vos decidides por facelo, pois xa sabedes, paciencia !! |