Fotos
Neste espazo amosaremos algunhas fotografías relacionadas coa Astronomía e feitas por nós.
Eclipse solar do 03 de Outubro de 2005
As seguintes fotografías foron tomadas no patio do IES de Porto do Son durante a xornada do 03 de Outubro de 2005, mentres estabamos observando a eclipse solar anular que tivo lugar ese día.
Eclipse Lunar do 10 de Decembro de 2011
O día 10 de Decembro de 2011 aconteceu unha eclipse lunar da que apenas puidemos ver a parte final (consultade o apartado de Exercicios en Stellarium - Eclipses, abaixo de todo). Para aqueles que non vos acordáchedes de mirar para a Lúa velaí unha foto da mesma. Ollade coma aínda que estaba na zona de penumbra da Terra, a Lúa era perfectamente visible, aínda que amosaba unha cor alaranxada-amarelenta. A foto non ten moi boa calidade mais pode servir para darnos unha idea do fenómeno. Foi sacada ás 18:15 h (cando a eclipse estaba xa tocando a súa fin) e, como se ve na seguinte imaxe, a Lúa apenas sobresaía polo horizonte; é dicir, debido á nosa latitude non puidemos contemplar a eclipse na súa totalidade. Para ver máis detalles consultade o final do apartado adicado ás Eclipses, neste mesmo sitio. |