Medindo o tamaño da Terra : o procedemento de Eratóstenes
6.3 Hoxe non estamos no Equinoccio !! [2]
Empezamos facendo o mesmo que fixemos anteriormente : ( 6.1 Exemplos prácticos: Sen saír de casa [1] )
- En primeiro lugar temos que coñecer as coordenadas xeográficas do lugar de observación, que neste exemplo concreto é o patio de entrada do instituto. Existen moitas páxinas en internet onde podedes atopar, de forma interactiva, cales son as coordenadas do lugar de observación. Neste caso utilizaremos a páxina da National Oceanic & Atmospheric Administration, en concreto a páxina NOAA Solar Calculator. [ Se queredes podedes consultar o apartado adicado aos enderezos de interese ]
- Para comezar entramos na páxina NOAA Solar Calculator e alí nos desprazamos co mapa interactivo ata a nosa localidade e observamos debaixo do mapa os datos relativos ao lugar de observación; neste exemplo en concreto : Latitude 42.731697823311954 (un valor positivo da Latitude indica Latitude Norte) e Lonxitude -8.990995287895203 (un valor negativo da Lonxitude indica Lonxitude Oeste).
- Debemos corrixir a Zona Horaria (Time Zone) para que indique "1". Asemade se estamos en horario de verán deberemos marcar a casiña "DST" (Daylight saving time)
- Fixámonos no valor que aparece na casiña 1 (ver figura seguinte) e anotamos ese mesmo valor na casiña 2
- A continuación anotaremos o valor que aparece na zona indica co número 3 : a casiña da "Solar declination", que nos estarçia indicando en que latitude do planeta, a esa mesma hora, o Sol estaría incidindo verticalmente. [ Neste exemplo sería un lugar situado a -6.35º; é dicir, un lugar situado nunha latitude 6.35º Sur, e na mesma lonxitude que o noso centro ]