Medindo o tamaño da Terra : o procedemento de Eratóstenes
4. Arco de Circunferencia
Se aplicamos a fórmula matemática do Arco da Circunferencia, a lonxitude do arco (L) nunha circunferencia, coñecendo o radio (r) e o ángulo (ɸ) que forman os dous radios, é L = r * ɸ.
No noso caso non coñecemos o valor do radio, que é xusto o que queremos averiguar (xa que unha vez coñecido este valor podemos saber a lonxitude da "circunferencia" terrestre, así coma o seu diámetro).
No noso caso non coñecemos o valor do radio, que é xusto o que queremos averiguar (xa que unha vez coñecido este valor podemos saber a lonxitude da "circunferencia" terrestre, así coma o seu diámetro).
- Segundo o debuxo anterior "L" correspóndese co arco de circunferencia, medida que podemos atopar consultando, por exemplo, diferentes páxinas de internet ---- [ Ver máis adiante na páxina correspondente aos Exemplos prácticos ]
|
|
- Finalmente, o valor de "r" é o que queremos coñecer, xa que se corresponde co radio da Terra.
Por conseguinte, para averiguar o radio da Terra temos que coñecer previamente a lonxitude do arco de circunferencia que separa aos dous puntos de observación (que no caso que estamos comentando será a nosa localidade de observación e un punto situado no Ecuador e que estea no mesmo meridiano que o noso.
Bon, semella que algún de vos está un pouco despistado e non entendeu o que pretendiamos explicar, non sí ? Se este é o teu caso non te desanimes !! Na seguinte páxina imos mostrarvos algúns exemplos prácticos de como realizar a experiencia. En calquera caso, os que aínda non teñades uns coñecementos matemáticos suficientes non vos rindades; simplemente aplicade o que se vos di nos exemplos seguintes e veredes como ao cabo duns poucos cursos todo isto parécevos moi sinxelo !! Pero antes imos ver outra forma, probablemente máis sinxela para vos, de calcular a circunferencia da Terra e, por tanto, o radio da mesma. Ánimo !! |