Reloxos Solares listos para imprimir
Non hai moito que dicir ... imprime os teus propios reloxos solares a partir da información que aparece a continuación.Se buscas un pouquiño por internet verás que hai multitude de páxinas a partires das cales podes construír de forma doada os teus propios reloxos solares.
Ah, o único que debes ter é algo de paciencia e moito ... SOL !!
Ah, o único que debes ter é algo de paciencia e moito ... SOL !!
Lembra que necesitarás coñecer algúns datos (como a Latitude e a Lonxitude do lugar para o que queres facer o reloxo, así como a diferenza horario en relación ao fuso [meridiano] de referencia. Estes datos pódelos atopar en moitas páxinas (consulta as entradas anteriores dentro da sección de Reloxos de Sol) pero se queres empezar xa non tes máis que visitar a páxina Calcular distancias, orto y ocaso, latitud y longitud. Nela non tes máis que acercarte á zona desexada e, na parte de abaixo da ventá, preme no botón COORD e despois preme no mapa na posición desexada e verás as coordenadas xeográficas do lugar. |
Lembra que nos vivimos no fuso horario +1 (estamos ao Oeste do meridiano de Greenwich)
Outra cousa que debes recordar é que as Latitudes Norte teñen valor positivo e as Latitudes Sur valores negativos. Asemade, as Lonxitudes Oestes teñen valores negativos e as Lonxitudes Leste teñen valores positivos.
Esto só o terás en conta se na páxina na que estás introducindo estes datos se non tes a posibilidade de elexir entre Norte e Sur e entre Oeste e Leste.
Por exemplo o noso instituto, como ves na imaxe anterior, está na latitude 42º43' N e na lonxitude 8º59' W ou -8º59'.

Xerador automático de reloxos solares
(baseado en Great Circle Studio's Sundial Generator)
Unha moi boa páxina para empezar é a de Damià Soler (Construye tu propio reloj de sol vertical de papel) onde seguindo unhas instrucións básicas moi sinxelas poderás fabricar rapidamente un reloxo solar. Incluso podes fabricar un reloxo solar para pegalo por fora da ventá e mirar a hora que marca dende dentro da habitación ... sen necesidade de saír ao exterior (moi boa idea, non vos parece ?).
Preme na seguinte imaxe se queres ver como fabricar eses reloxos.
Preme na seguinte imaxe se queres ver como fabricar eses reloxos.
Outra moi boa páxina para construirmos o noso reloxo é a de Papercraft Sundial PDF Generator, na cal, completando un pequeno formulario elaboraremos un reloxo horizontal.
Preme na seguinte imaxe se queres averiguar que aspecto ten ese reloxo.
Preme na seguinte imaxe se queres averiguar que aspecto ten ese reloxo.