Distancia dos Planetas ao Sol
Tendo en conta os seguintes datos, que amosan a distancia media dos planetas ao Sol (expresada en millóns quilómetros), debuxa, sobre papel milimetrado, unha representación a escala do noso Sistema Solar.
Para elo toma coma punto de referencia ao propio Sol e utiliza a escala seguinte : 1cm = 150.000.000 km. É dicir, 1 centímetro no papel milimetrado equivalerá a 150 millóns de quilómetros na realidade: por isto é tan importante traballar con papel milimetrado.
Se fas os cálculos verás que cada por cada milímetro que te equivoques na representación en realidade estarás trabucándote nuns 15 millóns de quilómetros !! Velaí a importancia de ser moi precisos á hora de representar o noso sistema solar a escala !!

Os datos a representar son os seguintes :
É dicir, empregando a escala anterior, situaremos o Sol no papel milimetrado á esquerda de todo (no primeiro milímetro do mesmo) e a 39,5 cm dese punto marcaremos a situación de Plutón.
Prestade especial atención a algúns papeis milimetrados porque, con frecuencia, adoitan ter 38 centímetros como moito. Por isto, para debuxar Plutón, precisaremos dunha regla que nos axude a situar con precisión este planeta anano.