Diámetro dos Planetas
Se puideramos xuntar tódolos Planetas e comparalos entre si e co Sol veríamos algo semellante ao debuxo que tendes a continuación.
Nese debuxo están representados a escala os Planetas (incluído Plutón) e podes comparar doadamente a relación de tamaños.
Como ves os planetas chamados interiores son moi pequenos comparados cos planetas máis externos (excluíndo, claro está, Plutón).
Cos datos que tes na figura constrúe a escala o teu modelo planetario.

Lamentablemente a esa escala se quixeras situar con precisión a distancia que separa aos planetas do Sol deberías afastarte bastante para colocalos.
Se queres saber exactamente a que distancia os deberías situar entra na seguinte páxina (A Scale Model of our Solar System) e no campo Sun Diameter escribe 274 (mm) e a continuación preme no botón Calculate.
Verás que a esta escala de diámetros deberiamos situar, por exemplo, a Terra a uns 29,5 m do Sol e Plutón nada máis e nada menos que a uns 1,16 km !! ... e iso que neste modelo Plutón ten un diámetro de tan só 0,5 mm !!
Como ves é bastante complicado facer un modelo a escala que, ao mesmo tempo, garde a proporción tanto nas distancias coma nos diámetros dos Planetas.

Imos representar os planetas do Sistema Solar empregando unha escala diferente do debuxo anterior. Para elo debuxa e colorea axeitadamente os planetas segundo os datos adxuntos na seguinte táboa :
Por último, botádelle unha ollada ao seguinte vídeo onde vos decataredes das dimensións relativas dos planetas do sistema solar e de algúns outros astros. Non volo perdades !!
|
|