Contador de Estrelas
Algunha vez puxécheste a contar estrelas? Aínda que o número de estrelas visibles a simple vista varía moito dun sitio a outro podemos contar incluso ata unhas tres ou catro mil estrelas !!
Se queres coñecer dun xeito rápido cantas estrelas podes ver un día calquera sen necesidade de pasar horas contándoas unha a unha podes empregar un contador de estrelas semellante ao que aparece a continuación.

O contador de estrelas, coma podes observar nos esquemas superiores, é un instrumento sinxelo: o único que hai que facer é coller unha cartolina e recortar un círculo interior de 12 cm de diámetro (6 cm de radio, por tanto). A continuación átase un cordel de 30 cm de longo na parte inferior do círculo aberto e se estende ata a base do noso ollo (xunto ao nariz).
Se seguimos con precisión estas medidas cando ollemos a través do círculo furado estaremos a observar xustamente o 1% de toda a bóveda celeste.
Deste xeito non teriamos máis que orientar o instrumento cara calquera parte do ceo, contar as estrelas e, finalmente, multiplicar por 100 para obtermos un valor aproximado do número de estrelas que poderiamos ver a simple vista.
Evidentemente cunha soa medición cometeriamos un erro bastante importante, xa que non en tódalas partes do ceo observaremos o mesmo número de estrelas. Por isto o mellor sería facer varias medidas apuntando a distintas partes do ceo e, a continuación, faríamos a media estatística das mesmas.