Medindo o tamaño da Terra : o procedemento de Eratóstenes
6.3 Hoxe non estamos no Equinoccio !! [3]
Resumindo, temos os seguintes datos :
- O mediodía solar nese día (9 de Outubro de 2014) e nesa zona (Latitude 42.731697823311954 e Lonxitude -8.990995287895203) produciuse ás 14:23:15 hora local, segundo observamos no punto 1 da figura seguinte
- Nese momento o Sol acadou unha altura de 40.94º sobre o horizonte (dato indicado co número 2 na figura).
- Podedes repasar os conceptos de "Altura do Sol" na páxina correspondente : Altura do Sol : medindo o ángulo de elevación solar. Lembrade tamén que o ángulo que realmente nos interesa non é o referido nesa casiña, senón o ángulo complementario para facermos os cálculos de medición do tamaño da Terra. Por tanto teremos en conta ese ángulo complementario que, nesta ocasión vale : 90 - 40.94 = 49.06 . Se estades despistados con respecto a este punto consultade o apartado correspondente en : Exemplos prácticos: Sen saír de casa [ 2 ]
- Finalmente, sabemos que en outra parte do planeta (Latitude -6.35 e Lonxitude -8.990995287895203) o Sol incide perpendicularmente sobre a superficie terrestre (casiña 3 da figura)
Con estes datos o único que falta é averiguar cal é a distancia que nos separa do lugar indicado na casiña 3 (Latitude -6.35 e Lonxitude a mesma que o punto de partida, que neste caso é -8.990995287895203). Por certo podedes redondear os valores, que para a precisión do método que imos seguir é perfectamente válido !!
Para elo podemos visitar, por exemplo, a páxina de "Movable Type Scripts : Calculate distance, bearing and more between Latitude/Longitude points" [ http://www.movable-type.co.uk/scripts/latlong.html ] onde completaremos os campos correspondentes á Latitude e a Lonxitude do noso lugar de observación (1 e 3, na figura seguinte) como punto de inicio e a Latitude e Lonxitude correspondentes ao punto no que, nese intre, os raios solares inciden verticalmente na superficie terrestre (apartados 2 e 3 da seguinte figura) cuxa latitude, neste exemplo, se corresponde co indicado na casiña 3 da figura anterior (Latitude -6.35) e cuxa Lonxitude é a mesma que o lugar de observación (Lonxitude -8.99099 ...)

Observamos como os puntos do exemplo están separados por unha distancia duns 5458 km; dato que era o que precisabamos para completar os cálculos.
Se queredes rematar este "conto" pasade á páxina seguinte ... e veremos e acertamos ou non co "tamaño" da Terra !!
Se queredes rematar este "conto" pasade á páxina seguinte ... e veremos e acertamos ou non co "tamaño" da Terra !!