Medindo o tamaño da Terra : o procedemento de Eratóstenes
6.2 Exemplos prácticos : Imos fóra !! [3]
(Equinoccio de Primavera)
- En resume :
Para rematar este exercicio non temos máis que seguir os pasos que aparecen na páxina Exemplos prácticos: Sen saír de casa [3].
Evidentemente xa que este exercicio ten unha parte práctica (a determinación da altura do Sol) probablemente os resultados acadados non sexan tan precisos como os anteriores Exemplos prácticos: Sen saír de casa.
De todas formas os posibles erros cometidos nesta experiencia na medición da altura do Sol permítenos comprender mellor a necesidade dun método rigoroso á hora de levar a cabo calquera investigación científica: ímolo facer á perfección para que polo menos nos salga medianamente ben !!
Ademais, esta forma de proceder ten a vantaxe que nos obriga a construír, aínda que sexa de forma rudimentaria, os nosos propios instrumentos de observación, o cal parécenos moi interesante.

Podes intentar facer o teu medidor de ángulos se premes na imaxe da dereita. Esta é unha variación dun cadrante utilizado en Solar Schoolhouse Academy. Se queredes ver un pequeno vídeo da súa construción premede nesta imaxe ---------> |
Por certo, lembrade que NUNCA deberedes mirar directamente ao Sol, xa que isto pode ocasionar graves problemas oculares !!