O Sistema Solar a Escala : calculadora interactiva |
Con esta pequena aplicación podemos calcular a escala os diámetros dos planetas e a distancia que os separa do Sol, segundo as opcións elexidas máis abaixo. Podes escoller entre metros e pés para representar o teu modelo. Despois preme en Calcular.
1. Ceres representa ao Cinto de Asteroides. 2. Plutón representa aos obxectos do Cinto de Kuiper.
Un modelo a escala do noso Sistema Solar
No seguinte enderezo (A Scale Model of our Solar System) podes atopar unha representación gráfica, sobre un mapa ou unha foto aérea da zona que ti elixas, como sería a extensión do Sistema Solar segundo diferentes escalas que podes elexir.Ainda que a páxina está en Inglés non é demasiado difícil de entender.
Imos facer o seguinte :
1. Para localizar o noso Instituto ingresa nas casiñas correspondentes os seguintes valores :
Latitude : 42.731698
Lonxitude : -8.991084
2. A continuación preme no botón Centre Map
3. Logo, na casiña correspondente ao Sol (Sun) escribe o tamaño desexado do astro, expresado en milímetros
4. Finalmente, preme no botón Calculate, para facer os cálculos do modelo a escala, e ...
5. a continuación, preme no botón Draw Orbits e verás coma se debuxan as órbitas dos planetas sobre o mapa
Proba a cambiar o "zoom" do mapa e a variar a escala de representación. Podes desprazarte polo mapa facendo "click" nel e arrastrando o rato, deste xeito poderás comprobar o mesmo modelo en diferentes sitios que coñezas, por exemplo.

Manualidades
Como traballo adicional podedes, rapidamente, construir o voso modelo do Sistema Solar a escala (de forma bastante aproximada) se seguides as instrucións que se vos dan no vídeo que podedes ver ao carón.
Aínda que está en inglés creo que podedes entendelo sen maior dificultade. Quen se anima ? |