Unha ollada ao pasado
Cando ollamos para o ceo nocturno e nos deleitamos coa inxente cantidade de estrelas que vemos, probablemente, moitos de nos non nos decatamos dun feito sorprendente, e ao mesmo tempo fascinante : as estrelas están tan lonxe de nos que mesmo a súa luz non nos chega inmediatamente.
Por mor das grandes distancias que "nos afastan" das estrelas a luz que estas emiten tarda moito tempo en chegar a nos. É dicir, cando ollamos para unha estrela en realidade o que estamos a ver non é a estrela neste mesmo momento senón como era esa estrela no pasado.

A estrela máis próxima ao noso planeta é, evidentemente o Sol, pero a estrela máis próxima ao Sol é Próxima Centauri que se encontra na constelación do Centauro. De tódolos xeitos a súa intensidade lumínica é demasiado feble coma para ser observada a simple vista.A distancia que nos separa dela é duns 4,22 anos luz, é dicir :
4,22 anos luz × 9,46 billóns de quilómetros = 40.000.000.000.000 km ... 40 billóns de quilómetros !!
Para decatarnos do que ese número significa pensa que se puideramos viaxar a uns 40 km/s (é dicir, a uns 144 444 km/h) tardaríamos en chegar a ela uns 32000 anos ... e iso que é a estrela máis próxima a nos !!
Dende as nosas latitudes non é visible, xa que está sempre baixo o noso horizonte. Para poder vela deberíamos viaxar máis ao sur.
Hai alguén aló ?
Hai pouco tempo (o 19 de setembro de 2012) combinando a potencia do telescopio espacial Hubble e do telescopio espacial Spitzer, a NASA detectou o que semella ser o obxecto máis distante xamáis observado: unha galaxia pequena situada a máis de 13 mil millóns de anos luz de distancia (13.700 millóns de anos luz, en concreto) , polo que se remonta a tan só a uns 500 millóns de anos tralo Big Bang.
Lembrade que se esta galaxia está a 13.700 millóns de anos luz eso quere dicir que a luz que estamos vendo hoxe en día (e por tanto a propia visión da galaxia) é a que saiu desa zona hai 13.700 millóns de anos !!
Con razón se dí que mirar "ás estrelas" é ollar ao pasado !!
Podedes ampliar a información consultando, por exemplo, a noticia aparecida na propia páxina da NASA (en inglés) ou neste xornal (en castelán)

Na imaxe da esquerda pódense observar diferentes galaxias (agrupadas baixo a denominación de cúmulo de galaxias MACS J1149 2223), entre as que se encontra a galaxia á que nos referimos (a galaxia MACS 1149-JD).
" ... With the combined power of NASA's Spitzer and Hubble space telescopes, as well as a cosmic magnification effect, astronomers have spotted what could be the most distant galaxy ever seen. Light from the young galaxy captured by the orbiting observatories first shone when our 13.7-billion-year-old universe was just 500 million years old ... " |
Lembrade que cando se fala de "billion years", en inglés americano, estanse a referir, en realidade, a miles de millóns de anos e NON a billóns de anos !!