Movemento aparente do Sol [2]
En liñas xerais podemos considerar que o Sol sae polo Leste e se oculta polo Oeste, facendo, no seu percorrido diario, un paso polo meridiano do lugar e que se corresponde co momento no que o Sol acada a maior altura sobre o horizonte: o mediodía solar. Nese intre o Sol e a sombra que proxecte un pau chantado verticalmente nun horizonte chan, estanos a indicar a dirección Norte (cara onde se proxecta a sombra do pau) e Sur (onde estaría situado nese momento o Sol) [Véxase anteriormente o apartado adicado ao Gnomon].
Pero a realidade amósanos que a tanto a saída coma a posta do Sol van variando segundo transcorre o ano, e que non sempre o amencer nos indica exactamente o Leste ou o solpor o Oeste. En definitiva, só hai dous días ao ano nos que a saída e posta do Sol coinciden cos puntos cardinais Leste e Oeste, respectivamente, e que se corresponden cos denominados equinoccios :
No equinoccio (æquus ‘igual’ + nox, noctis ‘noite’), debido o movemento de translación da Terra arredor do Sol e como consecuencia da inclinación de eixe de rotación terrestre en relación ao plano que contén a propia órbita da Terra (plano da eclíptica), os polos da Terra están situados á mesma distancia do Sol, polo que a luz solar distribúese de maneira uniforme nos dous hemisferios terrestres e a duración do día e da noite é a mesma en calquera punto da Terra: 12 horas de día e 12 horas de escuridade.
En realidade isto non é exactamente así, pero para nos podémolo considerar coma unha afirmación certa. Se queredes consultar algo máis en relación con isto último podedes visitar, entre outras páxinas, os seguintes enlaces : Length of equinoctial day and night ou Equinox: Equal Day and Night, Almost e, especialmente, Day and night exactly equal at equinoxes ?.

- Equinoccio de Primavera (arredor do día 21 de Marzo), e
- Equinoccio de Outono (sobre o 22 de Setembro)
No equinoccio (æquus ‘igual’ + nox, noctis ‘noite’), debido o movemento de translación da Terra arredor do Sol e como consecuencia da inclinación de eixe de rotación terrestre en relación ao plano que contén a propia órbita da Terra (plano da eclíptica), os polos da Terra están situados á mesma distancia do Sol, polo que a luz solar distribúese de maneira uniforme nos dous hemisferios terrestres e a duración do día e da noite é a mesma en calquera punto da Terra: 12 horas de día e 12 horas de escuridade.
En realidade isto non é exactamente así, pero para nos podémolo considerar coma unha afirmación certa. Se queredes consultar algo máis en relación con isto último podedes visitar, entre outras páxinas, os seguintes enlaces : Length of equinoctial day and night ou Equinox: Equal Day and Night, Almost e, especialmente, Day and night exactly equal at equinoxes ?.
Segundo a wikipedia :
" ... Ese día tódolos puntos da terra reciben o mesmo número de horas luz do Sol (día) e sombra (noite).
Ocorre dúas veces ó ano, unha no entorno do 21 de marzo (equinoccio de primavera) e outra no entorno do 21 de setembro (equinoccio de outono).
O equinoccio de setembro (equinoccio de outono no hemisferio norte e de primavera no sur) é o punto no cal o Sol pasa do hemisferio norte ó sur, cousa que ocorre cara ó 21 de setembro, iniciándose o outono no hemisferio norte e a primavera no hemisferio sur. Coñécese tamén como Punto Libra.
O equinoccio de marzo (equinoccio de primavera no hemisferio norte e de outono no sur) é o punto no que o Sol pasa do hemisferio sur ó norte, cousa que ocorre cara ao 21 de marzo (iniciándose a primavera no hemisferio norte e o outono no hemisferio sur). Coñécese tamén como Punto Aries ou Punto Vernal.
Debido á precesión dos equinoccios os Puntos Aries e Libra retroceden 50,25" ó ano, polo que na actualidade o equinoccio de outono deixou de estar na constelación Libra e atópase na súa veciña Virgo e o punto Aries non se acha na constelación Aries (como cando foi calculado por primeira vez, hai polo menos un par de miles de anos) senón na súa veciña Pisces.
Os puntos de Aries e Libra están en total oposición. ... "
Preme na seguinte imaxe para ver o que ocorre en realidade. (Proba a cambiar a opción East/Sunrise e West/Sunset)