Lonxitude e Latitude : onde vivimos ?
Segundo a galipedia :
" ... Latitude é un termo usado na xeografía e cartografía. No globo terrestre, é o ángulo que establece, co plano do ecuador terrestre, un raio que vaia dun determinado observador ou lugar ao centro da Terra. Na Liña do Ecuador a latitude é de 0º, no polo Norte é 90º (indicado 90º N) e no polo Sur é -90º (indicado 90ºS). Así, as latitudes positivas, 'por riba' do ecuador, corresponden ó hemisferio norte (chamado tamén hemisferio boreal), e as negativas, 'por baixo' do ecuador, ó hemisferio sur (ou austral) ... "
Tamén atopamos na galipedia a definición de Lonxitude :
" ... O termo lonxitude úsase en xeografía e cartografía para indicar, no globo terrestre, a distancia medida en graos de calquera punto da superficie terrestre ata ao Meridiano de Greenwich. ..."
Si, moi ben, pero que significan ou representan realmente eses termos ?
Mirádeo dunha forma sinxela : cando temos que dicirlle a alguén onde vivimos empregamos un sistema de referencias que permitan aos noso amigos vir a visitarnos. Non basta con indicar o lugar, debemos ser máis precisos e, por exemplo, se estamos comunicándonos con xente doutro continente pois primeiro lle indicaremos o país no que vivimos, o estado ou a comunidade, a provincia, a poboación, a rúa e mesmo o número da casa ou do edificio e, ás veces, temos que ser precisos á hora de dicir o andar no que vivimos e mesmo a porta !
Pois iso representa o sistema de coordenadas Latitude e Lonxitude : basicamente un sistema de referencia. É dicir, cada punto da Terra (ou cada punto de calquera satélite ou planeta, por exemplo) ten unhas coordenadas únicas.
Evidentemente este sistema de referencia é totalmente arbitrario. Mais para podermos usar todos uns mesmos "enderezos" empregamos como puntos de referencia de partida o ecuador terrestre e o meridiano de Greenwich.

A continuación podedes visualizar dunha forma máis interactiva os conceptos de Latitude e de Lonxitude.
Probade a cambiar os valores correspondentes á Latitude e a Lonxitude que aparecen por defecto no programa. Por exemplo para representar a situación do noso centro podedes pór os seguintes valores : latitude = 42.73 e lonxitude = -8.99
Tamén podedes desprazar o punto verde facendo click en el e, sen soltalo, movelo para poder apreciar mellor a súa situación.
Se vos dades conta o ángulo de cor azul representa o valor da latitude e o ángulo de cor alaranxada ou marrón (segundo se mire) representa o valor da lonxitude.

Se queres coñecer as coordenadas correspondentes a calquera outro lugar (mesmo da túa casa !) :
Latitude e Lonxitude
Latitude e Lonxitude
- Determine your Lat/Lon [ http://science-edu.larc.nasa.gov/SCOOL/latlong.php ]
- Latitude/Longitude Finder [ http://mynasadata.larc.nasa.gov/latitudelongitude-finder/ ]
- Calcular distancias, orto y ocaso, latitud y longitud [ http://perso.wanadoo.es/juckar/ ]