Medindo o tamaño da Terra : o procedemento de Eratóstenes
6.2 Exemplos prácticos : Imos fóra !! [1]
(Equinoccio de Primavera)
Repasando o exemplo anterior vemos que sen saír da casa podemos facer a experiencia práctica de medir o tamaño da Terra.
En calquera caso a experimentación e a interacción directa co medio é a forma máis doada de aprender non só a facer as cousas senón tamén a entender o por que das cousas.
É por todo isto que este exemplo práctico está enfocado á realización da experiencia fóra da aula (fóra da casa). Ben, como moito, se tiverades a oportunidade de ver o Sol a través da ventá da vosa aula xusto o día do Equinoccio de Primavera ás 12 horas do mediodía solar [lembrade que esta práctica sería para levar a cabo ese día e a esa hora] poderiades facer a experiencia sen saír da aula ... pero non credes que sería mellor ir facela fóra da aula ?

Para levar a cabo esta experiencia necesitamos coñecer, coma na práctica anterior, os seguintes datos :
- En primeiro lugar temos que saber cales son as coordenadas xeográficas do lugar de observación, que neste exemplo concreto é o patio de entrada do instituto. Existen moitas páxinas en internet onde podedes atopar, de forma interactiva, cales son as coordenadas do lugar de observación. Neste caso utilizaremos a páxina da National Oceanic & Atmospheric Administration, en concreto a páxina NOAA Solar Calculator. [ Se queredes podedes consultar o apartado adicado aos enderezos de interese ]
- Nesta imaxe vemos os datos relativos ao lugar de observación; neste exemplo en concreto : Latitude 42.731697823311954 (un valor positivo da Latitude indica Latitude Norte) e Lonxitude -8.990995287895203 (un valor negativo da Lonxitude indica Lonxitude Oeste).
- Aínda que nesta práctica só nos interesan os valores de Latitude e de Lonxitude se queredes estudar os outros valores que aparecen na páxina deberedes corrixir a Zona Horaria (Time Zone) para que indique "1".