Reloxos Solares
Os reloxos solares empregáronse dende antigo con diversos fins, relacionados todos, en última instancia, coa medición do paso do tempo. Así usábanse, por exemplo, para medir o tempo transcorrido dende o último solpor (Hora Itálica), o tempo transcorrido dende o último amencer (Hora Babilónica) ou empregábanse para indicar cando debían ter lugar os oficios nos mosteiros (Hora Canónica), entre outras variantes.
Todo isto fai que a variedade de reloxos de sol, incluíndo a variedade nas liñas representadas neles, sexa moi grande.
Ademais de todo isto temos que distinguir :
Todo isto fai que a variedade de reloxos de sol, incluíndo a variedade nas liñas representadas neles, sexa moi grande.
Ademais de todo isto temos que distinguir :
- Hora oficial – É a hora que marcan os reloxos. En España peninsular a diferenza con respecto á hora UTC (ver a continuación) é dunha hora de adianto no horario de inverno e dúas horas no horario de verán
- Hora UTC - O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do planeta Terra. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (GMT)
- Hora civil - É a hora media anual referida ao meridiano do lugar no que se mide. Da zona Leste de España peninsular á zona Oeste hai unha diferenza duns 45 minutos, aínda que a hora oficial sexa a mesma para todo o territorio peninsular: é dicir, os reloxos solares da costa oeste galega van uns 45 minutos atrasados con respecto aos reloxos solares da costa leste de Cataluña, por exemplo
- Hora solar - É a hora real (e a que indican moitos dos reloxos solares); é dicir, cando o Sol está na parte máis alta do ceo son as 12 horas do mediodía. En xeral esta hora non coincide coa hora oficial, co cal se queremos coñecer esta última a partir da primeira deberemos consultar unha táboa/gráfica que nos indiquen os minutos que hai que sumar (ou restar) á hora solar para obtermos a hora oficial: a chamada Ecuación do Tempo.
Para máis información : http://relojesdesol.info/node/748
De todas formas, non é obxectivo desta páxina amosar toda esta variedade. Antes ben, pretendemos achegarvos o coñecemento básico do funcionamento dos reloxos solares pero sen preocuparnos en exceso da súa maior ou menor precisión e, conseguintemente, da súa maior ou menor complexidade construtiva e de cálculo numérico.En calquera caso convén repasar algúns aspectos chave no deseño dos reloxos de Sol :